Cooperativa
Camiño
circular
En Camiño Circular sumamos sinerxías para dinamizar o rural a nivel social, artístico, ambiental e local. Definímonos en base a cinco camiños que teñen como destino un obxectivo común: o desenvolvemento sostible, saudable e solidario do noso rural, das nosas comunidades e de toda a contorna.

Camiño Ambiental
Facemos da nosa contorna un lugar para a educación, a reflexión e o intercambio de experiencias de desenvolvemento sostible, potenciando proxectos exemplarizantes no rural e transmitindo valores e accións para o coidado do medio.
Camiño Artístico
Empregamos música e arte para o intercambio sociocultural e a concienciación ambiental, desenvolvendo proxectos que valoran o rural como punto de inspiración artística e creación de cultura.
Camiño Local
Recuperamos e fixamos poboación mediante a innovación social, desenvolvendo de xeito alternativo os sectores económicos en regresión, poñendo en valor o tecido produtivo, o patrimonio e o turismo sostible.
Camiño Social
Avanzamos cara unha comunidade solidaria, inclusiva, diversa e participativa, realizando actividades que promovan a conexión dos diferentes colectivos e o coñecemento das diversas realidades sociais existentes tanto a nivel local como global.
O teu Camiño
Axudamos a impulsar novos camiños de intercambio, creando proxectos personalizados e adaptados aos diferentes actores e entidades colaboradoras.
Camiño Ambiental
Facemos da nosa contorna un lugar para a educación, a reflexión e o intercambio de experiencias de desenvolvemento sostible, potenciando proxectos exemplarizantes no rural e transmitindo valores e accións para o coidado do medio.
Camiño Artístico
Empregamos música e arte para o intercambio sociocultural e a concienciación ambiental, desenvolvendo proxectos que valoran o rural como punto de inspiración artística e creación de cultura.
Camiño Local
Recuperamos e fixamos poboación mediante a innovación social, desenvolvendo de xeito alternativo os sectores económicos en regresión, poñendo en valor o tecido produtivo, o patrimonio e o turismo sostible.
Camiño Social
Avanzamos cara unha comunidade solidaria, inclusiva, diversa e participativa, realizando actividades que promovan a conexión dos diferentes colectivos e o coñecemento das diversas realidades sociais existentes tanto a nivel local como global.
O teu Camiño
Axudamos a impulsar novos camiños de intercambio, creando proxectos personalizados e adaptados aos diferentes actores e entidades colaboradoras.
quen somos
Somos unha cooperativa interdisciplinar de tres mulleres coñecedoras da contorna, onde creamos camiños que xeren un impacto positivo a través da colaboración con tódolos axentes do territorio. Construímos proxectos comprometidos e responsables que parten da innovación social e cultural como maneira de transformar o noso rural.
OS NOSOS VALORES
- Camiñamos do local ao global. Potenciamos o desenvolvemento sostible xerando alternativas e visibilizando o rural no contexto dun mundo globalizado.
- Camiñamos pola economía circular. Reactivamos un tecido produtivo máis saudable, sostible e colaborativo impulsando as 3 R: reutilizacion, reciclaxe e reducción.
- Camiñamos coa creatividade. Impulsamos a música e as artes como medio de expresión, divulgación e comunicación, creando conciencia e formando comunidade.
- Camiñamos xuntas. Fomentamos redes de intercambio sociocultural para fortalecer o desenvolvemento activo dunha sociedade solidaria, sensible, igualitaria e inclusiva.

OS NOSOS CAMIÑOS
CAMIÑO AMBIENTAL:
• Paseos sonoros e temáticos no rural: aulas na natureza para coñecer lugares de interese patrimonial e natural; escoita da contorna para fomentar o coñecemento do ecosistema, da biodiversidade e dos seus recursos.
• Divulgación de iniciativas sostibles contra o abandono do rural: xornadas informativas e formativas para coñecer proxectos sostibles xa desenvolvidos que sirvan de exemplo e modelo para o conxunto da sociedade.
• Creación artística en espazos naturais: impulso de espazos de creación artística en ambientes naturais para atraer ao público e valorizar a paisaxe rural (murais creativos, reciclaxe de obxectos, xogos tradicionais, contacontos, teatro).
• Obradoiros de concienciación ambiental: organización de talleres formativos e creativos abertos a tódolos públicos para potenciar actividades ambientalmente sostibles, impulsando a acción participativa e responsable.
• Xornadas musicais polo coidado do medio ambiente: organización de concertos, obradoiros, charlas e aulas de música abertas para potenciar a conexión coa contorna e a sensibilidade ambiental.
CAMIÑO ARTÍSTICO:
• Clases de música no rural para tódolos públicos: clases individuais e colectivas de piano, iniciación musical e teoría musical, abertas para desfrutar e achegarnos á música sen barreiras de idade nin barreiras xeográficas ou socioeconómicas.
• Obradoiros temáticos a través das artes: intercambio de experiencias interculturais e interxeracionais empregando as artes musicais, plásticas e visuais como medio de integración e sensibilización para loitar contra o despoboamento e abandono do rural.
• Creación dunha rede de instrumentos gratuítos: impulso dun banco de instrumentos libre para que colectivos en risco de exclusión poidan acceder á música sen barreiras.
• Construción de instrumentos con materiais reciclados: actividades de bricolaxe para fabricar “cotidiáfonos”, instrumentos musicais que nos permiten dar unha nova vida aos residuos cotiáns e facer máis accesible a música.
CAMIÑO LOCAL:
• Servizos orientados á produción local: posta en valor do patrimonio cultural e natural a través dunha rede de apoio e promoción aos produtores locais (agricultores, gandeiros, artesáns, artistas, músicos e outros colectivos emprendedores).
• Recuperación e creación de rutas e lugares de interese: recuperación e dinamización dos camiños histórica e culturalmente ligados ao Camiño de Santiago na nosa contorna.
• Dinamización de espazos públicos e negocios locais: impulso de actividades creativas e sostibles para visibilizar o pequeno comercio e avivar espazos de intercambio (praza de abastos, albergues, prazas públicas) partindo da cultura da economía circular.
• Promoción dunha alimentación sostible: creación de obradoiros e iniciativas para estimular un consumo de proximidade, saudable, sostible e de temporada (horta urbana, visita a produtores, menús saudables, receitas do mundo, cociña tradicional).
• Organización de redes de intercambio local: creación dunha biblioteca de obxectos para o aproveitamento e préstamo de produtos (fogar, tecnoloxía, bricolaxe, ocio); obradoiros de reparación, redución e reutilización para diferentes públicos.
CAMIÑO SOCIAL:
• Xornadas semanais de dinamización sociocultural contra o despoboamento: impulso dunha aula aberta á veciñanza para o intercambio cultural, ambiental, social e artístico nos locais socioculturais do rural, construíndo alternativas contra o abandono rural.
• Obradoiros temáticos interxeracionais e interculturais: organización de actividades formativas e creativas para aprender en circular, potenciando a integración e benestar social, a cooperación con outras entidades e o intercambio de experiencias vitais.
• Rede comunitaria para o coidado de persoas maiores: creación dun programa de acompañamento para combater a soidade dos maiores, ofrecendo actividades formativas, contacto interxeracional e tecendo redes solidarias de voluntariado.
• Actividades para visibilizar diferentes realidades sociais: iniciativas interdisciplinarias para tecer redes de apoio a colectivos desfavorecidos e dar voz a diferentes realidades sociais (despoboamento, migración, violencia de xénero, sexualidade, terceira idade, etc.).
• Reciclaxe integradora e compartida: organización de xornadas inclusivas e solidarias para reducir, reutilizar e reciclar facendo bricolaxe (xoguetes, instrumentos, roupa, utensilios para o fogar, obxectos para decoración e festividades).
O TEU CAMIÑO:
• Creación de proxectos adaptados e particularizados: deseño, organización e posta en marcha de proxectos personalizados para potenciar valores ambientais, artísticos, sociais e locais nos diferentes eidos.
• Deseño de actividades a medida: elaboración, apoio e asesoramento no desenvolvemento de actividades dinamizadoras e interdisciplinares adaptados ás particularidades de cada entidade.
novas
Camiño Circular no 8M
Festexando o Día da Muller partillamos con vós un artigo da rede Emprendeverde no que se visibilizan 10 proxectos fundados por mulleres no que está incluido Camiño Circular. Gracias á rede Emprendeverde por contar con nós como modelo de proxecto impulsado por...
Vealquí algúns dos nosos colaboradores/as!
Partillamos con vós as reportaxes que lles fixeron estas últimas semanas a algúns dos artistas e productores que colaboran con nós nas iniciativas de dinamización e visibilización levadas a cabo no Concello de A Estrada. Convídamosvos a coñecer estes procextos tan...
Presentamos A Caixa das Lembranzas, un proxecto de xeración activa coa USC!
Velaquí o proxecto no que estamos a participar en colaboración coa Área de Didáctica da Expresión Artística da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias de Educación. Trátase dun proxecto de Xeración Activa, para recuperar as lembranzas de cada...
contacto

Para cumplir coa nova Lei de Protección de Datos e que os teus datos estean a salvo, debes ler e aceptar a miña política de privacidade. Información básica sobre protección de datos:
Responsable:
Finalidade: Enviar información solicitada.
Lexitimación: O teu consentimiento de que queres comunicarte comigo.
Destinatarios: Os teus datos serán gardados en Configbox, o meu proveedor de email e hosting, e que tamén cumple co RGPD.
Dereitos: Acceder, rectificar, limitar e suprimir os teus datos.
Información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na miña Política de Privacidade.
