Cooperativa

Camiño
circular

En Camiño Circular sumamos sinerxías para dinamizar o rural a nivel social, artístico, ambiental e local. Definímonos en base a cinco camiños que teñen como destino un obxectivo común: o desenvolvemento sostible, saudable e solidario do noso rural, das nosas comunidades e de toda a contorna.

Camiño Ambiental

Facemos da nosa contorna un lugar para a educación, a reflexión e o intercambio de experiencias de desenvolvemento sostible, potenciando proxectos exemplarizantes no rural e transmitindo valores e accións para o coidado do medio.

Camiño Artístico

Empregamos música e arte para o intercambio sociocultural e a concienciación ambiental, desenvolvendo proxectos que valoran o rural como punto de inspiración artística e creación de cultura.

Camiño Local

Recuperamos e fixamos poboación mediante a innovación social, desenvolvendo de xeito alternativo os sectores económicos en regresión, poñendo en valor o tecido produtivo, o patrimonio e o turismo sostible.

 

w

Camiño Social

Avanzamos cara unha comunidade solidaria, inclusiva, diversa e participativa, realizando actividades que promovan a conexión dos diferentes colectivos e o coñecemento das diversas realidades sociais existentes tanto a nivel local como global.

O teu Camiño

Axudamos a impulsar novos camiños de intercambio, creando proxectos personalizados e adaptados aos diferentes actores e entidades colaboradoras.

Camiño Ambiental

Facemos da nosa contorna un lugar para a educación, a reflexión e o intercambio de experiencias de desenvolvemento sostible, potenciando proxectos exemplarizantes no rural e transmitindo valores e accións para o coidado do medio.

Camiño Artístico

Empregamos música e arte para o intercambio sociocultural e a concienciación ambiental, desenvolvendo proxectos que valoran o rural como punto de inspiración artística e creación de cultura.

Camiño Local

Recuperamos e fixamos poboación mediante a innovación social, desenvolvendo de xeito alternativo os sectores económicos en regresión, poñendo en valor o tecido produtivo, o patrimonio e o turismo sostible.

w

Camiño Social

Avanzamos cara unha comunidade solidaria, inclusiva, diversa e participativa, realizando actividades que promovan a conexión dos diferentes colectivos e o coñecemento das diversas realidades sociais existentes tanto a nivel local como global.

O teu Camiño

Axudamos a impulsar novos camiños de intercambio, creando proxectos personalizados e adaptados aos diferentes actores e entidades colaboradoras.

quen somos

Somos unha cooperativa interdisciplinar de tres mulleres coñecedoras da contorna, onde creamos camiños que xeren un impacto positivo a través da colaboración con tódolos axentes do territorio. Construímos proxectos comprometidos e responsables que parten da innovación social e cultural como maneira de transformar o noso rural.

OS NOSOS VALORES

  • Camiñamos do local ao global. Potenciamos o desenvolvemento sostible xerando alternativas e visibilizando o rural no contexto dun mundo globalizado.
  • Camiñamos pola economía circular. Reactivamos un tecido produtivo máis saudable, sostible e colaborativo impulsando as 3 R: reutilizacion, reciclaxe e reducción. 
  • Camiñamos coa creatividade. Impulsamos a música e as artes como medio de expresión, divulgación e comunicación, creando conciencia e formando comunidade.
  • Camiñamos xuntas. Fomentamos redes de intercambio sociocultural para fortalecer o desenvolvemento activo dunha sociedade solidaria, sensible, igualitaria e inclusiva.

OS NOSOS CAMIÑOS 

CAMIÑO AMBIENTAL:

Paseos sonoros e temáticos no rural: aulas na natureza para coñecer lugares de interese patrimonial e natural; escoita da contorna para fomentar o coñecemento do ecosistema, da biodiversidade e dos seus recursos.

Divulgación de iniciativas sostibles contra o abandono do rural: xornadas informativas e formativas para coñecer proxectos sostibles xa desenvolvidos que sirvan de exemplo e modelo para o conxunto da sociedade.

Creación artística en espazos naturais: impulso de espazos de creación artística en ambientes naturais para atraer ao público e valorizar a paisaxe rural  (murais creativos, reciclaxe de obxectos, xogos tradicionais, contacontos, teatro). 

Obradoiros de concienciación ambiental: organización de talleres formativos e creativos abertos a tódolos públicos para potenciar actividades ambientalmente sostibles, impulsando a acción participativa e responsable. 

Xornadas musicais polo coidado do medio ambiente: organización de concertos, obradoiros, charlas e aulas de música abertas para potenciar a conexión coa contorna e a  sensibilidade ambiental.

CAMIÑO ARTÍSTICO:

Clases de música no rural para tódolos públicos: clases individuais e colectivas de piano, iniciación musical e teoría musical, abertas para desfrutar e achegarnos á música sen barreiras de idade nin barreiras xeográficas ou socioeconómicas. 

Obradoiros temáticos a través das artes: intercambio de experiencias interculturais e interxeracionais empregando as artes musicais, plásticas e visuais como medio de integración e sensibilización para loitar contra o despoboamento e abandono do rural. 

Creación dunha rede de instrumentos gratuítos: impulso dun banco de instrumentos libre para que colectivos en risco de exclusión poidan acceder á música sen barreiras.

Construción de instrumentos con materiais reciclados: actividades de bricolaxe para fabricar “cotidiáfonos”, instrumentos musicais que nos permiten dar unha nova vida aos residuos cotiáns e facer máis accesible a música.  

CAMIÑO LOCAL:

Servizos orientados á produción local: posta en valor do patrimonio cultural e natural a través dunha rede de apoio e promoción aos produtores locais (agricultores, gandeiros, artesáns, artistas, músicos e outros colectivos emprendedores).

Recuperación e creación de rutas e lugares de interese: recuperación e dinamización dos camiños histórica e culturalmente ligados ao Camiño de Santiago na nosa contorna.

Dinamización de espazos públicos e negocios locais: impulso de actividades creativas e sostibles para visibilizar o pequeno comercio e avivar espazos de intercambio (praza de abastos, albergues, prazas públicas) partindo da cultura da economía circular. 

Promoción dunha alimentación sostible: creación de obradoiros e iniciativas para estimular un consumo de proximidade, saudable, sostible e de temporada (horta urbana, visita a produtores, menús saudables, receitas do mundo, cociña tradicional).

Organización de redes de intercambio local: creación dunha biblioteca de obxectos para o aproveitamento e préstamo de produtos (fogar, tecnoloxía, bricolaxe, ocio); obradoiros de reparación, redución e reutilización para diferentes públicos. 

CAMIÑO SOCIAL:

Xornadas semanais de dinamización sociocultural contra o despoboamento: impulso dunha aula aberta á veciñanza para o intercambio cultural, ambiental, social e artístico nos locais socioculturais do rural, construíndo alternativas contra o abandono rural. 

Obradoiros temáticos interxeracionais e interculturais: organización de actividades formativas e creativas para aprender en circular, potenciando a integración e benestar social, a cooperación con outras entidades e o intercambio de experiencias vitais. 

Rede comunitaria para o coidado de persoas maiores: creación dun programa de acompañamento para combater a soidade dos maiores, ofrecendo actividades formativas, contacto interxeracional e tecendo redes solidarias de voluntariado. 

Actividades para visibilizar diferentes realidades sociais: iniciativas interdisciplinarias para tecer redes de apoio a colectivos desfavorecidos e dar voz a diferentes realidades sociais (despoboamento, migración, violencia de xénero, sexualidade, terceira idade, etc.).

Reciclaxe integradora e compartida: organización de xornadas inclusivas e solidarias para reducir, reutilizar e reciclar facendo bricolaxe (xoguetes, instrumentos, roupa, utensilios para o fogar, obxectos para decoración e festividades). 

O TEU CAMIÑO:

• Creación de proxectos adaptados e particularizados: deseño, organización e posta en marcha de proxectos personalizados para potenciar valores ambientais, artísticos, sociais e locais nos diferentes eidos.

Deseño de actividades a medida: elaboración, apoio e asesoramento no desenvolvemento de actividades dinamizadoras e interdisciplinares adaptados ás particularidades de cada entidade. 

novas

Coñece as nosas caixas a medida para agasallar!

Continuamos coa campaña de Nadal, ofrecendo a posibilidade a empresas e particulares de agasallar con caixas con producto local, 100% feito na Estrada! Nas seguintes imaxes podedes consultar a nosa oferta de caixas personalizadas, así como os productos que inclúen e...

Camiñamos nos coles co obradoiro «De onde comes?»

Comeza o noso camiño nos colexios unido á iniciativa Comemos do rural na que queremos concienciar sobre o consumo de proximidade e a producción local a través dun concurso creativo e de obradoiros de concienciación ambiental ligados á temática. Onte comezamos no CEIP...

Cinco camiños para dinamizar o rural

Seguimos difundindo os nosos proxectos! Convidámosvos a ler esta reportaxe do Diario de Pontevedra, onde se describen os nosos camiños e a nosa primeira iniciativa. Moitas gracias a Agustín Durán por darnos visibilidade e apoio, e a Patricia polas marabillosas fotos...

contacto

 

Correo electrónico:

info@caminocircular.com

Teléfonos:

687 288 566

648 186 909

652 588 893 

Para cumplir coa nova Lei de Protección de Datos e que os teus datos estean a salvo, debes ler e aceptar a miña política de privacidade. Información básica sobre protección de datos:

Responsable:
Finalidade: Enviar información solicitada.
Lexitimación: O teu consentimiento de que queres comunicarte comigo.
Destinatarios: Os teus datos serán gardados en Configbox, o meu proveedor de email e hosting, e que tamén cumple co RGPD.
Dereitos: Acceder, rectificar, limitar e suprimir os teus datos.
Información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na miña Política de Privacidade.