Velaquí o proxecto no que estamos a participar en colaboración coa Área de Didáctica da Expresión Artística da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias de Educación. Trátase dun proxecto de Xeración Activa, para recuperar as lembranzas de cada aldea a través das artes, empregando de maneira interdisciplinar a fotografía, a música e os contos.

Os obradoiros estanse a impartir durante tres semanas en Locais Socioculturais nos arredores de Santiago (Biduido, Figueiras, Laraño, Lavacolla e Bando), e rematan este venres. Graciñas á universidade por brindarnos esta oportunidade, aos organizadores/as e participantes nos obradoiros!